Blogia
XUVENTUDEVERÍN

RED CONECTA- VERIN

NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA NA RED CONECTA

Dende as 10 ata as 21 horas 

INICIACIÓN Á INFORMÁTICA (20 horas- 8€)

WORD (30 horas- 12€)

POWER POINT (15 horas – 6€)

EXCEL (30 horas- 12€)

NAVEGACIÓN POR INTERNET(15 horas – 6€)

MAIS INFORMACIÓN
Av. Sousas  39 ( local de FEMURo e C.D.R. Portas Abertas)
Tlf: 988411390 (preguntar por OLGA) 

INFORMÁTICA PARA NEN@S

E ADEMAIS…

Acceso libre a internet por 0,70 € / hora

Outras actividades infantís e xuvenís

Biblioteca infantil e xuvenil

Bolsa de emprego 

¡¡RESERVA XA A TÚA PRAZA!!  

 

 

CURSOS DE WORD E POWER POINT

CURSOS DE WORD E POWER POINT A partir de Xaneiro na aula Red Conecta vanse impartir cursos de Word e Power Point para nenos, xoves e persoas adultas a partir de 8 anos. Nestes cursos aprenderemos a:

- Cambiar os formatos das letras, así como a alinear os textos.
- Facer táboas : horarios escolares, calendarios, etc.
- Facer presentacións animadas en Power Point; para iso, elaboraremos unha historia coas nosas fotos persoais ou coas fotos dun artista que nos agrade.

O horario destes cursos aínda está por definir, xa que se porán en función da demanda. O horario será entre ás 10.00 ata as 21 horas, 1 hora e media por día dous ou tres días á semana. A duración total do curso é de 20 horas, e o prezo é 7€ o curso completo.

A aula atópase na Av. Sousas nº 39, e para inscribirse só tes que achegarte alí ou chamar ao 988.411390.

CÓMETE O MUNDO

CÓMETE O MUNDO

Cómete o mundo é unha nova iniciativa do centro Red Conecta.

-OBXECTIVO-
Facer un libro de cociña de receitas caseiras, tradicionais e interculturais, elaborado conxuntamente entre asociacións e outros colectivos.

-POBOACIÓN DESTINATARIA-
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar neste proxecto conxunto: sexan homes, mulleres, inmigrantes, persoas que pertezcan a asociacións, que non pertezcan a ningunha, con coñecementos de informática ou non...

- DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE -
A actividade consiste en cursos intensivos de informática de 8 horas aproximadamente, nos que se traballará de manera básica o Microsoft Word có obxetivo final de pasar receitas de cociña ó ordenador. Aprenderemos entre outras cousas a:

- Traballar os formatos de texto, cuadros de texto, imaxes, word Art, etc.

Cada persoa fará un total de 3 ou 4 receitas, en función do ritmo de cada un/unha. As receitas terán que ser, preferiblemente: un primer plato, un segundo e un postre (poidendo engadir tamén bebidas, entrantes, etc.). Terán que ser receitas caseiras, non valerán as sacadas de libros de cociña nin de revistas. Todas as persoas do grupo poderánse levar a casa as receitas das/os compañeiras/os.

As persoas que haxan participado neste proxecto poderán adquirir o libro a precio de coste (cobraránse as impresións e a encuadernación).

- PREZO -
Cobrarase un precio simbólico de 3 € por persoa (por as oito horas de curso).

- GRUPOS E HORARIOS -
Os grupos serán como máximo de 9 persoas. As sesións serán de dúas horas cada unha (4 días en total).
Os horarios aínda están por definir. Poderán ser dende ás 10 ata as 21 horas.

- INSCRICIÓN-
Chamar ó 988.411390
Vir persoalmente a Av. Sousas nº39.
Preguntar por Jane, a encargada da Red Conecta.

,

SERVIZOS DA RED CONECTA

SERVIZOS DA  RED CONECTA - CURSOS DE INFORMÁTICA -
Na aula Red Conecta (ubicada na Av. de Sousas 39) desenvólvense as seguintes actividades:
introducción á informática (20 horas), introducción a Word e Power Point (20 horas), navegación por internet (15 horas), e para os nenos e as nenas de entre 4 e 12 anos, obradoiros de informática e actividades de ocio e tempo de lecer.
O prezo dos cursos oscila entre os 7 e os 10 euros (por curso completo) e os horarios van dende as 10 ata as 21.30 horas.
Ademáis destes cursos, poderánse ofertar outros en función da demanda.

- ACCESO LIBRE A INTERNET -
A aula pon a disposición de calquera os ordenadores para uso libre e navegación por internet, cobrando á hora a 0.70 €. Podénse facer traballos ou documentos e imprimilos, e a persoa encargada da aula apoiará en canto poida ós/as usuarios deste servizo.

- BIBLIOTECA -
A aula conta tamén cunha biblioteca infantil e xuvenil con máis de 400 libros (entre contos, novelas e libros de consulta) e calquera pode facer uso de ela gratuitamente (págase 1€ por facer o carnet).
Esta biblioteca formóuse a partir das donacións de editoriales e tamén de particulares. Se alguén ten libros de calqueira tipo que non queira pode traelos a nosa aula.

- PERSOAL CO QUE CONTAMOS-

A aula Red Conecta está dirixida por unha dinamizadora (Educadora Social) e ésta é apoiada por persoal voluntario. Se queres participar como voluntario/a nas nosas actividades só tes que dirixirte á aula e falar ca dinamizadora.

TELÉFONO: 988411390null