Blogia
XUVENTUDEVERÍN

SERVIZOS DA RED CONECTA

SERVIZOS DA  RED CONECTA - CURSOS DE INFORMÁTICA -
Na aula Red Conecta (ubicada na Av. de Sousas 39) desenvólvense as seguintes actividades:
introducción á informática (20 horas), introducción a Word e Power Point (20 horas), navegación por internet (15 horas), e para os nenos e as nenas de entre 4 e 12 anos, obradoiros de informática e actividades de ocio e tempo de lecer.
O prezo dos cursos oscila entre os 7 e os 10 euros (por curso completo) e os horarios van dende as 10 ata as 21.30 horas.
Ademáis destes cursos, poderánse ofertar outros en función da demanda.

- ACCESO LIBRE A INTERNET -
A aula pon a disposición de calquera os ordenadores para uso libre e navegación por internet, cobrando á hora a 0.70 €. Podénse facer traballos ou documentos e imprimilos, e a persoa encargada da aula apoiará en canto poida ós/as usuarios deste servizo.

- BIBLIOTECA -
A aula conta tamén cunha biblioteca infantil e xuvenil con máis de 400 libros (entre contos, novelas e libros de consulta) e calquera pode facer uso de ela gratuitamente (págase 1€ por facer o carnet).
Esta biblioteca formóuse a partir das donacións de editoriales e tamén de particulares. Se alguén ten libros de calqueira tipo que non queira pode traelos a nosa aula.

- PERSOAL CO QUE CONTAMOS-

A aula Red Conecta está dirixida por unha dinamizadora (Educadora Social) e ésta é apoiada por persoal voluntario. Se queres participar como voluntario/a nas nosas actividades só tes que dirixirte á aula e falar ca dinamizadora.

TELÉFONO: 988411390null
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres