XUVENTUDEVERÍN |
Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2006. 28/08/2006ACTO ENTREGA DE DIPLOMAS PROXECTO CONECTA XÓVENCONECTA XOVEN: Proxecto co obxectivo de “formar a xóvenes en habilidades sociais e novas tecnoloxías para que despois poidan instruir a persoas adultas no seu entorno”. O Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” e máis a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) en colaboración coa Fundación Esplai e Microsoft, puxeron en marcha este proxecto de alfabetización dixital que chegou na súa primerira fase a 72 persoas adultas e 19 xóvenes. Conecta Xoven ofreceu información e formación a xóvenes de entre 16 e 17 anos, para que de maneira voluntaria pudieran ensinar coñecementos básicos de informática a persoas adultas que nunca usaran o ordenador. Este proxecto baseouse no principio educativo de “aprendizaxe-servizo” xa que o primeiro paso consistiu na formación dos/as xóvenes, que posteriormente revertiron o aprendido na comunidade a través das clases de informática que impartiron á xente dos municipios da Comarca de Verín, que en ocasións eran os/as seus pais/nais, avós e avoas e veciños/as. Para rematar esta primeira parte do proxecto, tivo lugar un acto de entrega de diplomas no que participaron: representantes das entidades organizadoras, o alcalde de verín, o orientador do I.E.S. GarcíaBarbón, e xóvenes e adultos que participaron no proxecto. Todos/as fixeron unha valoración persoal do que significou para eles/as o proxecto. Seguidamente fíxose a entrega de diplomas e finalizou o acto con unha entrega de agasallos cedidos por “Ordenadores Verín” e “Roberto Verino”
28/08/2006 13:32 Autor: xuventudeverin. Enlace permanente. Tema: CONECTA XOVEN No hay comentarios. Comentar. NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA NA RED CONECTADende as 10 ata as 21 horas INICIACIÓN Á INFORMÁTICA (20 horas- 8€) WORD (30 horas- 12€)POWER POINT (15 horas – 6€) EXCEL (30 horas- 12€)NAVEGACIÓN POR INTERNET(15 horas – 6€) INFORMÁTICA PARA NEN@S E ADEMAIS… Acceso libre a internet por 0,70 € / hora Outras actividades infantís e xuvenís Biblioteca infantil e xuvenil Bolsa de emprego ¡¡RESERVA XA A TÚA PRAZA!!
28/08/2006 17:23 Autor: xuventudeverin. Enlace permanente. Tema: RED CONECTA- VERIN Hay 1 comentario. O C.D.R. PORTAS ABERTAS TRABALLA POLA INCLUSIÓN SOCIAL NA COMARCAO C.D.R. Portas Abertas puxo en marcha un proxecto que engloba un conxunto de actividades formativas,de cara a unha futura inserción laboral dun grupo de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos da comarca de Verín, (Inmigrantes, etnia xitana, minusválidos, mulleres solas con cargos familiares e desempregados/as de larga duración). O proxecto deu comezo no mes de Xulio, e finalizará en Decembro. Ademais de Verín, tamén se pretende achegar ós concellos de Vilardevós e Oimbra, as novas tecnoloxías, así como a orientación e asesoramento con vistas a conseguir un posto de traballo. A formación compleméntase con debates sobre temas de actualidade e interés (violencia de xénero, desigualdades sociais, mediosde comunicación). Unha vez finalizado o curso, as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo. Os cursos impártense no Centro Red Conecta ubicado en Verín na Avenida de Sousas e nos concellos do rural nas aulas ou telecentros Red.es. Tódolos usuarios, son derivados dos Servicios Sociais de Verín e da Mancomunijdade, a través da CruzRoxa que é o punto de inclusión social na comarca. O C.D.R. Portas Abertas, tralo éxito do proxecto "Itinerario Formativo e Laboral", levado a cabo en anos anteriores, quere darlle continuidade durante o ano2006 con este novo proxecto buscando unha maior formación e inserción laboral entre as persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos de Verín.
28/08/2006 18:03 Autor: xuventudeverin. Enlace permanente. Tema: CDR PORTAS ABERTAS Hay 1 comentario. |
Temas
Archivos
Enlaces |
|