XUVENTUDEVERÍN |
Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005. 14/03/2005situación, dirección e composiciónOs Servicios Sociais da Mancomunidade de Verín están en: Galerias Portas de Madrid Rúa da Muralla s/n C.P. 32600 Teléfono: 988412048 Profesionais que traballan no centro: Servicios Sociais de Atención Primaria: 1 Psicóloga de Atención Primaria 3 Traballadoras Sociais 2 Aux. Administrativos Servicios Sociais de Atención Especializada: 1 Logopeda 1 Psicóloga 1 Pedagoga 21/03/2005SERVIZOS DA RED CONECTA - CURSOS DE INFORMÁTICA - Na aula Red Conecta (ubicada na Av. de Sousas 39) desenvólvense as seguintes actividades: introducción á informática (20 horas), introducción a Word e Power Point (20 horas), navegación por internet (15 horas), e para os nenos e as nenas de entre 4 e 12 anos, obradoiros de informática e actividades de ocio e tempo de lecer. O prezo dos cursos oscila entre os 7 e os 10 euros (por curso completo) e os horarios van dende as 10 ata as 21.30 horas. Ademáis destes cursos, poderánse ofertar outros en función da demanda. - ACCESO LIBRE A INTERNET - A aula pon a disposición de calquera os ordenadores para uso libre e navegación por internet, cobrando á hora a 0.70 €. Podénse facer traballos ou documentos e imprimilos, e a persoa encargada da aula apoiará en canto poida ós/as usuarios deste servizo. - BIBLIOTECA - A aula conta tamén cunha biblioteca infantil e xuvenil con máis de 400 libros (entre contos, novelas e libros de consulta) e calquera pode facer uso de ela gratuitamente (págase 1€ por facer o carnet). Esta biblioteca formóuse a partir das donacións de editoriales e tamén de particulares. Se alguén ten libros de calqueira tipo que non queira pode traelos a nosa aula. - PERSOAL CO QUE CONTAMOS- A aula Red Conecta está dirixida por unha dinamizadora (Educadora Social) e ésta é apoiada por persoal voluntario. Se queres participar como voluntario/a nas nosas actividades só tes que dirixirte á aula e falar ca dinamizadora. TELÉFONO: 988411390null 30/03/2005ALBERGUE RURAL MULTIUSOS (CDR PORTAS ABERTAS) O CDR Portas Abertas conta cun Albergue Rural Multiusos con instalacións onde poder realizar as actividades e ó mesmo tempo permañecer aloxados/as (24 persoas) na aldea de Vilarello da Cota no Concello de Vilardevós (Ourense) en pleno medio rural e fornteira con Portugal (a 1 km).- ACTIVIDADES - Obradoiros de Educación Ambiental: ruta do contrabando, racollida selectiva, reciclaxe... Obradoiro de Ocio e Tempo de Lecer: xoguetes tradicionais, xogos de interior, exterior e cooperativos, manualidades, contos e lendas tradicionais... Obradoiro artesanal: cestería, tear, folclore ... - MODALIDADES DE ESTANCIA - Visitas de medio día, día completo, fin de semana, unha semana, periodos vacacionais. 1. Utilización dos localis cos que conta o Centro: cociña, comedor, habitacións, baños,sa de reunión e xogos. 2. contar ademáis cos servicios de cociña e limpeza. 3. Dispoñer do equipo de monitores/as de tempo libre así como de educadores/as e guías locais. - MÁIS INFORMACIÓN - Rúa Escola nº14, 32616 Arzádegos, Vilardevós, Ourense Teléfono e fax: 988417232- 670266570/80 Correo electrónico: cdrportasabertas@wanadoo.es Páxina web: CDR PORTAS ABERTAS O Cdr Portas Abertas está incluido na Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural COCEDER |
Temas
Archivos
Enlaces |