Blogia
XUVENTUDEVERÍN

NOTICIAS

CARNÉ XOVE

Un carné destinado a facilitar os mozos/as de 12 a 25 anos ámbolos dous inclusive o acceso a diferentes bens e servicios a través de descontos e vantaxes, en todolos ambitos: cultural, aloxamento, transporte, comercial, ensino, viaxes etc.
Con este carné poderás obter descontos en: museos, zoos, parque de atraccións, cursos de idiomas, albergues, campamentos, telefonía, ópticas, librerías, roupa, autoescolas etc, etc. Para obter o carné achegarse a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil, Casa da Xuventude, 1º andar, cubrir un impreso, presentar unha foto, o DNI e pagar 6€.Ten unha vixencia de 2 anos contados a partir da data da súa expedición.

equipo de prevención de drogodependencias

Os servizos sociais de atención primaria da Mancomunidade forman tamén o equipo de prevención de drogodependencias, que traballa nos programas:
.Dentro do ámbito familiar: "Prevención na casa" é unha escola de pais e nais.
. No ámbito escolar: "Cinensino" "Materiais didácticos" e "Ratos na radio"
.Dentro do ámbito comunitario: a revista informativo "Enter@.te"

situación, dirección e composición

Os Servicios Sociais da Mancomunidade de Verín están en:
Galerias Portas de Madrid
Rúa da Muralla s/n C.P. 32600
Teléfono: 988412048

Profesionais que traballan no centro:

Servicios Sociais de Atención Primaria:
1 Psicóloga de Atención Primaria
3 Traballadoras Sociais
2 Aux. Administrativos

Servicios Sociais de Atención Especializada:
1 Logopeda
1 Psicóloga
1 Pedagoga