Blogia
XUVENTUDEVERÍN

PRÓXIMA POSTA EN MARCHA DO CONECTA XOVEN

PRÓXIMA POSTA EN MARCHA DO CONECTA XOVEN

DEFINICIÓN E UBICACIÓN

Conecta Xoven é un proxecto de aprendizaxe e servizo que impulsa a participación dos/as xóvenes na súa comunidade mediante accions formativas orientadas á alfabetización dixital.

Esta iniciativa foi impulsada dende a Red Conecta, un proxecto posto en marcha no ano 2003 entre tres entidades: FEMURO, CDR PORTAS ABERTAS e máis FUNDACIÓN ESPLAI. Esta é unha aula de alfabetización dixital dirixida á poboación máis desfavorecida e mías aquela que non tivo oportunidade de formarse nas novas tecnoloxías.

Continuando a liña da alfabetización dixital preténdese, co Conecta Xoven, implicar ós / as adolescentes neste proceso, facéndoos partícipes do cambio social positivo que esto comporta.

POBOACIÓN DESTINATARIA

- Xóvenes de entre 16 e 18 anos (voluntari@s).

- Persoas adultas (alumnado)

OBXETIVO XERAL

- Formar a xóvenes en habilidades sociais e novas tecnoloxías para que despois eles/as poidan instruir a persoas adultas do seu entorno.

METODOLOXÍA

1. Formar a un grupo de xóvenes (entre 14 e 20 alumnos/as) en novas tecnoloxías, habilidades sociais e técnicas de docencia nun total de 20 horas.

2. Faránse parellas de xóvenes para preparar e impartir os cursos. Cada parella fará un curso de alfabetización na súa aldea ou en Verín de 20 horas. Durante a preparación e durante o curso, terán tutorías periódicas coa dinamizadora do proxecto.

PÁXINA WEB

www.conectajoven.net


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres