Blogia
XUVENTUDEVERÍN

CONECTA XOVEN

ACTO ENTREGA DE DIPLOMAS PROXECTO CONECTA XÓVEN

CONECTA XOVEN: Proxecto co obxectivo de “formar a xóvenes en habilidades sociais e novas tecnoloxías para que despois poidan instruir a persoas adultas no seu entorno”. 

O Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” e máis a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) en colaboración coa Fundación Esplai e Microsoft, puxeron en marcha este proxecto de alfabetización dixital que chegou na súa primerira fase a 72 persoas adultas e 19 xóvenes. 

Conecta Xoven ofreceu información e formación a xóvenes de entre 16 e 17 anos, para que de maneira voluntaria pudieran ensinar coñecementos básicos de informática a persoas adultas que nunca usaran o ordenador.  

Este proxecto baseouse no principio educativo de “aprendizaxe-servizo” xa que o primeiro paso consistiu na formación dos/as xóvenes, que posteriormente revertiron o aprendido na comunidade a través das clases de informática que impartiron á xente dos municipios da Comarca de Verín, que en ocasións eran os/as seus pais/nais, avós e avoas e veciños/as. 

Para rematar esta primeira parte do proxecto, tivo lugar un acto de entrega de diplomas no que participaron: representantes das entidades organizadoras, o alcalde de verín, o orientador do I.E.S. GarcíaBarbón, e xóvenes e adultos que participaron no proxecto. Todos/as fixeron unha valoración persoal do que significou para eles/as o proxecto. Seguidamente fíxose a entrega de diplomas e finalizou o acto con unha entrega de agasallos cedidos por “Ordenadores Verín” e “Roberto Verino”

 

ENTIDADES E ORGANISMOS DO "CONECTA XOVEN"

ENTIDADES E ORGANISMOS DO "CONECTA XOVEN"

O proxecto "Conecta Xoven" é un proxecto posto en marcha pola Fundación Esplai de Barcelona co financiamento de MICROSOFT estase a desenvolver nestes momentos en varios puntos da xeografía española: Barcelona, Madrid, Bilbao, Asturias, Cádiz e Ourense (na comarca de Monterrei). En cada un de estes puntos é levado a cabo por diversas ONG’s e, no noso caso, son a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (situada na Av. Sousas nº39, en Verín) e o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas (situado en Arzádegos, Vilardevós). Esta é unha experiencia piloto en toda España e nós somos a única entidade que leva a cabo este proxecto no medio rural.

SESIÓNS DO CURSO DE VOLUNTARIADO EN NOVAS TECNOLOXÍAS: CONECTA XOVEN

SESIÓNS DO CURSO DE VOLUNTARIADO EN NOVAS TECNOLOXÍAS: CONECTA XOVEN

As sesións a traballar cos/as xóvenes contarán dun total de 20 horas de curso de formación máis as titorías que realizaránse cando o/a voluntario/a teña que poñer en práctica os coñecementos adquiridos nel. As sesións de formación serán de dúas horas semanais (10 sesións en total) e os contidos serán os seguintes:

1. Presentación e pautas do proxecto

2. Organización do curso, presentación dos contidos dos cursos de persoas adultas

3. Ferramentas de traballo e grupo de persoas adultas

4. O perfil do/a monitor/a ideal e habilidades sociais básicas

5. Psicoloxía do mundo adulto e visita dunha persoa que haxa participado como alumna nun curso de alfabetización dixital

6. Preparación de sesións de informática

7. Comunicacón ¿como falar en público?

8. Rol playing: cómo dar unha clase

9. Continuación de preparación de sesións e rol playing

10. Valoración, calendario de traballo, distribución por parellas

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Av. Sousas nº39 (Verín)

TLF. 988 41 13 90 (preguntar por JANE)

PRÓXIMA POSTA EN MARCHA DO CONECTA XOVEN

PRÓXIMA POSTA EN MARCHA DO CONECTA XOVEN

DEFINICIÓN E UBICACIÓN

Conecta Xoven é un proxecto de aprendizaxe e servizo que impulsa a participación dos/as xóvenes na súa comunidade mediante accions formativas orientadas á alfabetización dixital.

Esta iniciativa foi impulsada dende a Red Conecta, un proxecto posto en marcha no ano 2003 entre tres entidades: FEMURO, CDR PORTAS ABERTAS e máis FUNDACIÓN ESPLAI. Esta é unha aula de alfabetización dixital dirixida á poboación máis desfavorecida e mías aquela que non tivo oportunidade de formarse nas novas tecnoloxías.

Continuando a liña da alfabetización dixital preténdese, co Conecta Xoven, implicar ós / as adolescentes neste proceso, facéndoos partícipes do cambio social positivo que esto comporta.

POBOACIÓN DESTINATARIA

- Xóvenes de entre 16 e 18 anos (voluntari@s).

- Persoas adultas (alumnado)

OBXETIVO XERAL

- Formar a xóvenes en habilidades sociais e novas tecnoloxías para que despois eles/as poidan instruir a persoas adultas do seu entorno.

METODOLOXÍA

1. Formar a un grupo de xóvenes (entre 14 e 20 alumnos/as) en novas tecnoloxías, habilidades sociais e técnicas de docencia nun total de 20 horas.

2. Faránse parellas de xóvenes para preparar e impartir os cursos. Cada parella fará un curso de alfabetización na súa aldea ou en Verín de 20 horas. Durante a preparación e durante o curso, terán tutorías periódicas coa dinamizadora do proxecto.

PÁXINA WEB

www.conectajoven.net