Blogia
XUVENTUDEVERÍN

CDR PORTAS ABERTAS

O C.D.R. PORTAS ABERTAS TRABALLA POLA INCLUSIÓN SOCIAL NA COMARCA

O C.D.R. Portas Abertas puxo en marcha un proxecto que engloba un conxunto de actividades formativas,de cara a unha futura inserción laboral dun grupo de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos da comarca de Verín, (Inmigrantes, etnia xitana, minusválidos, mulleres solas con cargos familiares e desempregados/as de larga duración).

O proxecto deu comezo no mes de Xulio, e finalizará en Decembro.

Ademais de Verín, tamén se pretende achegar ós concellos de Vilardevós e Oimbra, as novas tecnoloxías, así como a orientación e asesoramento con vistas a conseguir un posto de traballo.

A formación compleméntase con debates sobre temas de actualidade e interés (violencia de xénero, desigualdades sociais, mediosde comunicación). Unha vez finalizado o curso, as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo.

Os cursos impártense no Centro Red Conecta ubicado en Verín  na Avenida de Sousas e nos concellos do rural nas aulas ou telecentros Red.es.

Tódolos usuarios, son derivados dos Servicios Sociais de Verín e da Mancomunijdade, a través da CruzRoxa que é o punto de inclusión social na comarca.

O C.D.R. Portas Abertas, tralo éxito do proxecto "Itinerario Formativo e Laboral", levado a cabo en anos anteriores, quere darlle continuidade durante o ano2006 con este novo proxecto buscando unha maior formación e inserción laboral entre as persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos de Verín.

 

ALBERGUE RURAL MULTIUSOS (CDR PORTAS ABERTAS)

ALBERGUE RURAL MULTIUSOS (CDR PORTAS ABERTAS) O CDR Portas Abertas conta cun Albergue Rural Multiusos con instalacións onde poder realizar as actividades e ó mesmo tempo permañecer aloxados/as (24 persoas) na aldea de Vilarello da Cota no Concello de Vilardevós (Ourense) en pleno medio rural e fornteira con Portugal (a 1 km).

- ACTIVIDADES -
Obradoiros de Educación Ambiental: ruta do contrabando, racollida selectiva, reciclaxe...
Obradoiro de Ocio e Tempo de Lecer: xoguetes tradicionais, xogos de interior, exterior e cooperativos, manualidades, contos e lendas tradicionais...
Obradoiro artesanal: cestería, tear, folclore ...

- MODALIDADES DE ESTANCIA -
Visitas de medio día, día completo, fin de semana, unha semana, periodos vacacionais.
1. Utilización dos localis cos que conta o Centro: cociña, comedor, habitacións, baños,sa de reunión e xogos.
2. contar ademáis cos servicios de cociña e limpeza.
3. Dispoñer do equipo de monitores/as de tempo libre así como de educadores/as e guías locais.

- MÁIS INFORMACIÓN -
Rúa Escola nº14, 32616 Arzádegos, Vilardevós, Ourense
Teléfono e fax: 988417232- 670266570/80
Correo electrónico: cdrportasabertas@wanadoo.es
Páxina web: CDR PORTAS ABERTAS

O Cdr Portas Abertas está incluido na Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural COCEDER