Blogia
XUVENTUDEVERÍN

ACTO ENTREGA DE DIPLOMAS PROXECTO CONECTA XÓVEN

CONECTA XOVEN: Proxecto co obxectivo de “formar a xóvenes en habilidades sociais e novas tecnoloxías para que despois poidan instruir a persoas adultas no seu entorno”. 

O Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” e máis a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) en colaboración coa Fundación Esplai e Microsoft, puxeron en marcha este proxecto de alfabetización dixital que chegou na súa primerira fase a 72 persoas adultas e 19 xóvenes. 

Conecta Xoven ofreceu información e formación a xóvenes de entre 16 e 17 anos, para que de maneira voluntaria pudieran ensinar coñecementos básicos de informática a persoas adultas que nunca usaran o ordenador.  

Este proxecto baseouse no principio educativo de “aprendizaxe-servizo” xa que o primeiro paso consistiu na formación dos/as xóvenes, que posteriormente revertiron o aprendido na comunidade a través das clases de informática que impartiron á xente dos municipios da Comarca de Verín, que en ocasións eran os/as seus pais/nais, avós e avoas e veciños/as. 

Para rematar esta primeira parte do proxecto, tivo lugar un acto de entrega de diplomas no que participaron: representantes das entidades organizadoras, o alcalde de verín, o orientador do I.E.S. GarcíaBarbón, e xóvenes e adultos que participaron no proxecto. Todos/as fixeron unha valoración persoal do que significou para eles/as o proxecto. Seguidamente fíxose a entrega de diplomas e finalizou o acto con unha entrega de agasallos cedidos por “Ordenadores Verín” e “Roberto Verino”

 

0 comentarios