Blogia
XUVENTUDEVERÍN

O C.D.R. PORTAS ABERTAS TRABALLA POLA INCLUSIÓN SOCIAL NA COMARCA

O C.D.R. Portas Abertas puxo en marcha un proxecto que engloba un conxunto de actividades formativas,de cara a unha futura inserción laboral dun grupo de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos da comarca de Verín, (Inmigrantes, etnia xitana, minusválidos, mulleres solas con cargos familiares e desempregados/as de larga duración).

O proxecto deu comezo no mes de Xulio, e finalizará en Decembro.

Ademais de Verín, tamén se pretende achegar ós concellos de Vilardevós e Oimbra, as novas tecnoloxías, así como a orientación e asesoramento con vistas a conseguir un posto de traballo.

A formación compleméntase con debates sobre temas de actualidade e interés (violencia de xénero, desigualdades sociais, mediosde comunicación). Unha vez finalizado o curso, as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo.

Os cursos impártense no Centro Red Conecta ubicado en Verín  na Avenida de Sousas e nos concellos do rural nas aulas ou telecentros Red.es.

Tódolos usuarios, son derivados dos Servicios Sociais de Verín e da Mancomunijdade, a través da CruzRoxa que é o punto de inclusión social na comarca.

O C.D.R. Portas Abertas, tralo éxito do proxecto "Itinerario Formativo e Laboral", levado a cabo en anos anteriores, quere darlle continuidade durante o ano2006 con este novo proxecto buscando unha maior formación e inserción laboral entre as persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos de Verín.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

Daniel -

No blog de Orientación citamos a nova convocatoria de actividades de inclusión social. BO traballo.
http://orientacion.blogia.com/2006/082901-actividades-de-inclusion-social-e-de-formacion-informatica.php
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres