XUVENTUDEVERÍN |
Se muestran los artículos pertenecientes al tema CONECTA XOVEN. 28/08/2006ACTO ENTREGA DE DIPLOMAS PROXECTO CONECTA XÓVENCONECTA XOVEN: Proxecto co obxectivo de “formar a xóvenes en habilidades sociais e novas tecnoloxías para que despois poidan instruir a persoas adultas no seu entorno”. O Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” e máis a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) en colaboración coa Fundación Esplai e Microsoft, puxeron en marcha este proxecto de alfabetización dixital que chegou na súa primerira fase a 72 persoas adultas e 19 xóvenes. Conecta Xoven ofreceu información e formación a xóvenes de entre 16 e 17 anos, para que de maneira voluntaria pudieran ensinar coñecementos básicos de informática a persoas adultas que nunca usaran o ordenador. Este proxecto baseouse no principio educativo de “aprendizaxe-servizo” xa que o primeiro paso consistiu na formación dos/as xóvenes, que posteriormente revertiron o aprendido na comunidade a través das clases de informática que impartiron á xente dos municipios da Comarca de Verín, que en ocasións eran os/as seus pais/nais, avós e avoas e veciños/as. Para rematar esta primeira parte do proxecto, tivo lugar un acto de entrega de diplomas no que participaron: representantes das entidades organizadoras, o alcalde de verín, o orientador do I.E.S. GarcíaBarbón, e xóvenes e adultos que participaron no proxecto. Todos/as fixeron unha valoración persoal do que significou para eles/as o proxecto. Seguidamente fíxose a entrega de diplomas e finalizou o acto con unha entrega de agasallos cedidos por “Ordenadores Verín” e “Roberto Verino”
28/08/2006 13:32 Autor: xuventudeverin. Enlace permanente. Tema: CONECTA XOVEN No hay comentarios. Comentar. 17/02/2006ENTIDADES E ORGANISMOS DO "CONECTA XOVEN"![]() O proxecto "Conecta Xoven" é un proxecto posto en marcha pola Fundación Esplai de Barcelona co financiamento de MICROSOFT estase a desenvolver nestes momentos en varios puntos da xeografía española: Barcelona, Madrid, Bilbao, Asturias, Cádiz e Ourense (na comarca de Monterrei). En cada un de estes puntos é levado a cabo por diversas ONG’s e, no noso caso, son a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (situada na Av. Sousas nº39, en Verín) e o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas (situado en Arzádegos, Vilardevós). Esta é unha experiencia piloto en toda España e nós somos a única entidade que leva a cabo este proxecto no medio rural. 13/02/2006SESIÓNS DO CURSO DE VOLUNTARIADO EN NOVAS TECNOLOXÍAS: CONECTA XOVEN![]() As sesións a traballar cos/as xóvenes contarán dun total de 20 horas de curso de formación máis as titorías que realizaránse cando o/a voluntario/a teña que poñer en práctica os coñecementos adquiridos nel. As sesións de formación serán de dúas horas semanais (10 sesións en total) e os contidos serán os seguintes: 1. Presentación e pautas do proxecto 2. Organización do curso, presentación dos contidos dos cursos de persoas adultas 3. Ferramentas de traballo e grupo de persoas adultas 4. O perfil do/a monitor/a ideal e habilidades sociais básicas 5. Psicoloxía do mundo adulto e visita dunha persoa que haxa participado como alumna nun curso de alfabetización dixital 6. Preparación de sesións de informática 7. Comunicacón ¿como falar en público? 8. Rol playing: cómo dar unha clase 9. Continuación de preparación de sesións e rol playing 10. Valoración, calendario de traballo, distribución por parellas
PARA MÁIS INFORMACIÓN Av. Sousas nº39 (Verín) TLF. 988 41 13 90 (preguntar por JANE)
10/02/2006PRÓXIMA POSTA EN MARCHA DO CONECTA XOVEN![]() DEFINICIÓN E UBICACIÓN Conecta Xoven é un proxecto de aprendizaxe e servizo que impulsa a participación dos/as xóvenes na súa comunidade mediante accions formativas orientadas á alfabetización dixital. Esta iniciativa foi impulsada dende a Red Conecta, un proxecto posto en marcha no ano 2003 entre tres entidades: FEMURO, CDR PORTAS ABERTAS e máis FUNDACIÓN ESPLAI. Esta é unha aula de alfabetización dixital dirixida á poboación máis desfavorecida e mías aquela que non tivo oportunidade de formarse nas novas tecnoloxías. Continuando a liña da alfabetización dixital preténdese, co Conecta Xoven, implicar ós / as adolescentes neste proceso, facéndoos partícipes do cambio social positivo que esto comporta.
POBOACIÓN DESTINATARIA - Xóvenes de entre 16 e 18 anos (voluntari@s). - Persoas adultas (alumnado)
OBXETIVO XERAL - Formar a xóvenes en habilidades sociais e novas tecnoloxías para que despois eles/as poidan instruir a persoas adultas do seu entorno.
METODOLOXÍA 1. Formar a un grupo de xóvenes (entre 14 e 20 alumnos/as) en novas tecnoloxías, habilidades sociais e técnicas de docencia nun total de 20 horas. 2. Faránse parellas de xóvenes para preparar e impartir os cursos. Cada parella fará un curso de alfabetización na súa aldea ou en Verín de 20 horas. Durante a preparación e durante o curso, terán tutorías periódicas coa dinamizadora do proxecto.
PÁXINA WEB
10/02/2006 11:20 Autor: xuventudeverin. Enlace permanente. Tema: CONECTA XOVEN No hay comentarios. Comentar. |
Temas
Archivos
Enlaces |