XUVENTUDEVERÍN |
PRÓXIMA POSTA EN MARCHA DO CONECTA XOVEN![]() DEFINICIÓN E UBICACIÓN Conecta Xoven é un proxecto de aprendizaxe e servizo que impulsa a participación dos/as xóvenes na súa comunidade mediante accions formativas orientadas á alfabetización dixital. Esta iniciativa foi impulsada dende a Red Conecta, un proxecto posto en marcha no ano 2003 entre tres entidades: FEMURO, CDR PORTAS ABERTAS e máis FUNDACIÓN ESPLAI. Esta é unha aula de alfabetización dixital dirixida á poboación máis desfavorecida e mías aquela que non tivo oportunidade de formarse nas novas tecnoloxías. Continuando a liña da alfabetización dixital preténdese, co Conecta Xoven, implicar ós / as adolescentes neste proceso, facéndoos partícipes do cambio social positivo que esto comporta.
POBOACIÓN DESTINATARIA - Xóvenes de entre 16 e 18 anos (voluntari@s). - Persoas adultas (alumnado)
OBXETIVO XERAL - Formar a xóvenes en habilidades sociais e novas tecnoloxías para que despois eles/as poidan instruir a persoas adultas do seu entorno.
METODOLOXÍA 1. Formar a un grupo de xóvenes (entre 14 e 20 alumnos/as) en novas tecnoloxías, habilidades sociais e técnicas de docencia nun total de 20 horas. 2. Faránse parellas de xóvenes para preparar e impartir os cursos. Cada parella fará un curso de alfabetización na súa aldea ou en Verín de 20 horas. Durante a preparación e durante o curso, terán tutorías periódicas coa dinamizadora do proxecto.
PÁXINA WEB
10/02/2006 11:20 Comentarios » Ir a formulario |
Temas
Archivos
Enlaces |